Cookies

Plan de Igualdade

O I Plan de Igualdade da Fundación Érguete-Integración (2018-2021) é o instrumento responsable da incorporación transversal dos obxectivos concretos de igualdade a alcanzar, as estratexias e prácticas a adoptar para a súa consecución así como o establecemento de sistemas eficaces de seguimento e avaliación dos obxectivos fixados na actividade da entidade.

A súa implantación supuxo unha mellora na instauración de criterios obxectivos sen sesgo de xénero tanto na selección como na promoción, propiciar a carreira profesional do conxunto do persoal, incorporar a perspectiva de xénero no Plan de Formación, levar a cabo unha política transparente na política salarial, garantir os dereitos de conciliación e fomentar a corresponsabilidade, así como mellorar a nosa actuación en situacións de violencia de xénero, ou acoso sexual ou por razón de sexo, e visibilizar por igual a mulleres e homes.

Prorrogouse durante o ano 2022 mentres se elaboraba un novo plan, adaptándoo á actual lexislación.

 

O II Plan de Igualdade (2023-2026) expón dous obxectivos xerais: a) Integrar a Igualdade de Oportunidades entre homes e mulleres na cultura e xestión da entidade; e b) Promover a defensa e aplicación efectiva do principio de igualdade entre mulleres e homes.

Ademais, apróbase tamén en 2023 o Protocolo para o tratamento e a prevención do acoso sexual e por razón de sexo. Ao adoptar este protocolo, a Fundación Érguete-Integración quere subliñar o seu compromiso coa prevención e actuación fronte ao acoso sexual e o acoso por razón de sexo en calquera das súas manifestacións, informando da súa aplicación a todo o persoal que presta servizos na entidade, sexa persoal propio ou procedente doutras empresas, incluídas as persoas que, non tendo unha relación laboral, prestan servizos ou colaboran coa organización, tales como persoas en formación, as que realizan prácticas non laborais ou aquelas que realizan voluntariado.

 

      Imprimir