Cookies

Plan de Igualdade

Plan de Igualdade
Conxunto de medidas a abordar, estratexias e prácticas para mellorar a incorporación definitiva da perspectiva de xénero en tódolos ámbitos

O I Plan de Igualdade e a Fundación Érguete-Integración é o instrumento responsable da incorporación transversal dos obxectivos concretos de igualdade a alcanzar, as estratexias e prácticas a adoptar para a súa consecución así como o establecemento de sistemas eficaces de seguimento e avaliación dos obxectivos fixados.

 

Xa no 2016 a entidade desenvolveu un Plan de Conciliación. Nel analizábanse e aprobaban medidas vinculadas a facilitar a conciliación da vida persoal, laboral e profesional do persoal. Posteriormente conformouse a Comisión de Igualdade paritaria entre a entidade e o conxunto do persoal, que se encargou, xunto coa técnica de igualdade, de analizar o diagnóstico da situación de mulleres e homes na fundación.

 

A Comisión de Igualdade aprobou o I Plan de Igualdade da Fundación Érguete-Integración en 2018, o cal recolle o conxunto de medidas a abordar, os obxectivos concretos a alcanzar, as estratexias e prácticas a adoptar para a súa consecución, así como o establecemento de sistemas eficaces de seguimento e avaliación das accións levadas a cabo e a súa relación cos obxectivos fixados. A súa implantación supón mellorar na instauración de criterios obxectivos sen rumbo de xénero tanto na selección como na promoción, propiciar a carreira profesional do conxunto do persoal, incorporar a perspectiva de xénero no Plan de Formación, levar a cabo unha política transparente na política salarial, garantir os dereitos de conciliación e fomentar a corresponsabilidade, así como mellorar a nosa actuación en situacións de violencia de xénero, ou acoso sexual ou por razón de sexo, e visibilizar por igual a mulleres e homes.

 

Financiado por: