Cookies

Misión, visión e valores

Misión

Contribuír na mellora social, laboral e de vida das persoas máis vulnerables, traballando de maneira integral e individualizada con perspectiva de xénero, priorizando as súas necesidades, e ofrecéndolles servizos de información, atención, asesoramento, sensibilización, orientación e intermediación coa rede de recursos existente na nosa comunidade, mediante a intervención dun equipo multidisciplinar.

Visión

A Fundación quere ser unha entidade:

  • Promotora do cambio e a xustiza social.
  • Impulsora da innovación e o traballo en rede con todos os axentes sociais.
  • Referente e con capacidade de influír na toma de decisións no ámbito das políticas sociais.
  • Creadora de programas, actividades e servizos innovadores que permitan a integración das persoas.
  • Defensora do principio de igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes.
  • Exemplo de compromiso coa calidade e a excelencia.
  • Identificada como Marca persoal” polas persoas que atendemos, grupos de interese e a sociedade en xeral.

Valores

  • Compromiso coas persoas: actuar con respecto á dignidade e diversidade das persoas, ofrecendo igualdade de oportunidades, defensa de dereitos e capacidade de elixir.
  • Rigor profesional: ser unha entidade útil, honesta, transparente na xestión, disposta a mellorar e aberta a innovar.
  • Traballo en equipo e espírito de colaboración: con equipos multidisciplinares que colaboran estreitamente para dar unha cobertura integral á persoa beneficiaria.
  • Independencia: actuar con liberdade no desenvolvemento da súa misión sexa cal for a conxuntura política, social e económica.
  • Coherencia e ética: ser unha entidade respectuosa e coherente coa súa misión, os seus valores e a súa cultura, coa súa articulación orgánica, coas persoas da organización e cos seus grupos de interese.
  • Adaptabilidade: estar nun proceso aberto e constante de análise da realidade de todos os grupos de interese implicados no proxecto para procurar a adaptación dos programas e actividades en función da necesidade existente na contorna.
      Imprimir