Proxecto OLIMPIA

Cara a unha mellora na calidade de vida e o benestar físico e psíquico das mulleres
O proxecto Olimpia ten como finalidade impulsar e fomentar a educación en igualdade, mediante accións de sensibilización en materia de xénero e igualdade que promovan a eliminación dos estereotipos e cambios no modelo de socialización diferencial.
As actividades que se levan a cabo neste proxecto pretenden mellorar a calidade de vida e o benestar físico e psíquico das mulleres en situación de vulnerabilidade da nosa contorna, e xerar un espazo de encontro e participación para mulleres.
As temáticas traballadas neste proxecto son:
- Ano 2022 - Taller de sexualidade destinado a mulleres maiores de 18 anos, coa finalidade de fomentar nas participantes o coñecemento do seu propio corpo, así como mellorar o seu benestar emocional e sexual.
- Ano 2023 - Espazo de encontro e participación para un grupo de mulleres, no que deseñar e desenvolver estratexias que melloren a súa forma de alimentarse e a súa saúde en todas as etapas da vida. Traballáronse os patróns alimentarios saudables, a nutrición nas distintas etapas vitais, as enfermidades con maior prevalencia nas mulleres, así como a visibilización dos estereotipos de xénero baseados na imposición de modelos de beleza.
- Ano 2024 – Taller sobre pautas saudables e sostibles de alimentación, fomentando nas participantes unha dieta coherente, variada e equilibrada, ademais de traballar a construción dos modelos de beleza no sistema patriarcal.
- Ano 2025 – Taller de sexualidade, construción de vínculos sans e cultivo dunha erótica baseada no bo trato, co obxectivo de mellorar o benestar emocional e sexual das mulleres, ofrecendo un espazo seguro no que reconectar co desexo, a expresión corporal e os propios límites.
Este proxecto é posible grazas ás Subvencións da Concellería de Igualdade a entidades sen ánimo de lucro para a realización de programas e/ou actividades de promoción das mulleres.






