Achégate á rede

Achégate á rede é unha iniciativa destinada a capacitar e dotar de autonomía dixital a mulleres en situación de vulnerabilidade.
Desde - Hasta: 01/01/2023 - 31/12/2023
Este programa pretende mellorar as competencias dixitáis de mulleres que se atopen en situación de vulnerabilidade, xerando mecanismos de apoderamento feminino que lles permitan acelerar o seu acceso ao mercado laboral e a realización de xestións coa administración electrónica de maneira autónoma.
O programa Achégate á Rede podería englobarse dentro da Estratexia Europa 2020, na cal é unha prioridade o crecemento intelixente, que implica o desenvolvemento dunha economía baseada no coñecemento e a innovación como impulsores do crecemento futuro. Isto require mellorar a calidade da educación, consolidar os resultados da investigación, promover a innovación e a transferencia de coñecementos en toda a Unión, explotar ao máximo as TIC. Para o desenvolvemento dunha sociedade dixital proponse unha Axenda dixital para Europa nos próximos anos que promova entre outros obxectivos, o acceso a Internet e a súa utilización por toda a cidadanía europea, especialmente mediante actividades que apoien a alfabetización dixital e a accesibilidade. Ademáis englóbase tamén nos obxectivos da propia Axenda 2030 de Desenvolvemento Sostible, al cal incorporou os efectos da Covid-19 nos seus obxectivos, pois esta pandemia agravou a situación das mulleres e as nenas simplemente como consecuencia do seu sexo. E entre os seus obxectivos está reducir a fenda dixital, fomentar a formación e capacitación das mulleres e nenas.
Consta, por unha banda, dun Servizo de Apoio Dixital (en Vigo), e por outra, de Actividades de Formación (Vigo e Coruña).
O Servizo de Apoio Dixital está dirixido a mulleres que necesitan axuda para levar a cabo xestiones e trámites administrativos vía dixital, que é a norma na situación de pandemia mundial na que nos atopamos, dotándoas ao mesmo tempo das ferramentas necesarias para que elas poidan ser autónomas e contando co apoio dunha técnica de emprego con coñecemento en igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, e con perspectiva de xénero. Este servizo se ofrecerá no Ciber Emprego da Fundación Érguete-Integración durante o ano.
As Actividades de Formación están divididas en dous bloques, un de competencias dixitáis e outro de Igualdade. Estas actividades realizaranse ao longo do ano, en 3 talleres, en Vigo e 2 na Coruña.
Os contidos xerais en competencias dixitais inclúen:
- O que podo esperar da Internet (uso do Email, G. Drive, busca de emprego e trámites)
- Uso básico do teléfono móbil (configuración básica, chamadas e apps recomendables)
- No ámbito da Igualdade: Autocuidado-pensar nunha mesma.
Para máis información e se che interesa fai clic aquí.