Que facemos >  

Informática

  • Cursos gratuitos de Mecanografía, Ofimática, Correo Electrónico e Internet

Desde o Ciber Emprego damos a posibilidade de realizar cursos presenciais de informática dirixidos a persoas en busca activa de emprego, con interese real por aprender, ofrecendo o manexo de software Libre.

Programamos cursos de:

  • Iniciación á Informática (nivel cero)
  • Iniciación a Procesador de texto Writer
  • Iniciación no manexo do Correo Electrónico e Internet
  • Procesador de Texto Medio-Avanzado
  • Iniciación ao manexo da folla de cálculo Calc

Obradoiros para usar App's no teu móbil:

  • Correo electrónico no teléfono
  • Portal de emprego para móbil
  • ETT no teléfono
  • Redes sociais e busca emprego

E manexo da Administración Electrónica, solicitude de claves e tipos de xestións telemáticas a realizar desde a Internet.

Se queres ver os contidos con máis detalle, consulta o documento no lado dereito (materiais relacionados)

 

Facemos un curso por mes, en horario de mañá, de 9:00 a 11:30 con dúas semanas de duración (25 horas), para 12 prazas. Ao finalizar entrégase diploma acreditativo. Tódolos primeiros de mes se publicará, nesta web, un calendario coas horas de Ciber e de Curso, tamén estará a túa disposición no propio local.

 

Tamén ofrecemos curso de Mecanografía on-line (por Internet) de maneira gratuita, este pódese facer tódolos días en horario de Ciber.

 

Hai que inscribirse con antelación, para elo podes charmarnos ao teléfono 986 253 176, enviar un email a ciberemprego@gmail.com (indicando que curso che interesa) ou pasarte polas nosas instalacións.

Persoa responsable: Ana Mª Pascual Hermida

Colabora desinteresadamente: Ultreia Comunicaciones S.L

MATERIAIS RELACIONADOS
Documentos

Imaxes
  • 1 de 8

Axenda de Actividades
  • SEDE PRINCIPALVIGO

    Avda. Martinez Garrido 21, interior
    36205 Vigo (Pontevedra)
     

    986 253 176

  • CALOR-CAFÉ A CORUÑA

    Barrio de las Flores
    Rúa Azahar bloque 48, portal 10-baixo
    15008 A Coruña

    881 896 801

  • O desenvolvemento desta WEB foi posible grazas ao mecenado da Fundación Barrié e a RSC de Edisa Logo FBarrie Logo EDISA