Que facemos >  

Itínere

  • Incorporación social e laboral de persoas privadas de liberdade ou en proceso de excarceración

Traballamos coas persoas privadas de liberdade, de forma conxunta, para que poidan adquirir e completar a súa formación, desenvolvemento e habilidades profesionais.

Intervimos nos Centros Penais da Lama (Pontevedra), Teixeiro (A Coruña), Pereiro de Aguiar (Ourense), Monterroso (Lugo) e nos Centros de Inserción Social de Vigo e A Coruña, e na propia sede da entidade (Vigo).

O programa Itínere lévase a cabo con financiación do Servicio Galego de Saúde a través dun convenio de colaboración para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos aditivos, e, por tanto, ten un carácter gratuíto e universal.

As actividades que realizamos son:

  • Servizo de Orientación Sociolaboral: deseño de itinerarios personalizados de inserción, titorías individualizadas, seguimento,  acompañamento e seguimento durante o proceso de incorporación laboral e social.
  • Apoio Psicosocial: acompañamento nas xestións sanitarias, administrativas e xudiciais . Supervisión e apoio no proceso de independencia (procura de vivenda, economía doméstica, xestión do tempo....)
  • Talleres BAE (procura activa de emprego):  deseño de ferramentas para a procura de emprego, habilidades sociais e uso das novas tecnoloxías.
  • Proba de Competencias Clave Nivel 2, preparamos a un grupo de homes e mulleres privados de liberdade para obter o seu certificado en lingua castelá, lingua galega e matemáticas, para facilitar o acceso a formación con certificado de profesionalidade.
  • Obradoiro SÚMATE, para traballar a socialización diferencial cun grupo de homes privados de liberdade, a través de accións grupais e individuais.
  • Proxecto ABEIRO, formación ocupacional en rama sanitaria (Técnicas de Auxiliar de psiquiatría), para internos e internas de apoio. 

Itínere é un programa de caracter anual que se desenvolve de xaneiro a decembro.

Persoa responsable do Programa: María Rodríguez Lago

 

Contacto Vigo:

Telf.: 986 253 176 E-mail: itinere@fundacionerguete.org

Móbil: 604 026 188

 

Contacto A Coruña:

Técnica de referencia: Rosaura Romo Hernández

Telf.:  664 493 960 E-mail:  itinere.coruna@gmail.com

 

 
   

 

MATERIAIS RELACIONADOS
Documentos

Vídeos

Imaxes
  • 1 de 191

Noticias
  • SEDE PRINCIPALVIGO

    Avda. Martinez Garrido 21, interior
    36205 Vigo (Pontevedra)
     

    986 253 176

  • CALOR-CAFÉ A CORUÑA

    Barrio de las Flores
    Rúa Azahar bloque 48, portal 10-baixo
    15008 A Coruña

    881 896 801

  • O desenvolvemento desta WEB foi posible grazas ao mecenado da Fundación Barrié e a RSC de Edisa Logo FBarrie Logo EDISA