A Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia, ao abeiro da convocatoria de subvencións destinadas ao fomento da contratación por parte de entidades sen ánimo de lucro de mulleres que sofren violencia de xénero, facilitou a contratación de 2 mulleres durante un ano, para mellorar e facilitar a súa inserción laboral coa finalidade de apoiar a recuperación e a integración social e laboral destas persoas, cuxa situación se viu agravada como consecuencia da crise ocasionada pola pandemia da COVID-19.
A finalidade é contribuír a que as mulleres acaden unha maior autonomía a través da promoción da súa independencia económica e do seu empoderamento, e reforzando, ao mesmo tempo, as posibilidades dunha posterior inserción laboral estable, co obxectivo fundamental de lograr a súa plena integración na vida económica e social.
Resultado destas axudas:
Ano 2021: 2 mulleres contratadas
Ano 2022: 2 mulleres contratadas
SEDE PRINCIPALVIGO
Avda. Martinez Garrido 21, interior
36205 Vigo (Pontevedra)
986 253 176
CALOR-CAFÉ A CORUÑA
Barrio de las Flores
Rúa Azahar bloque 48, portal 10-baixo
15008 A Coruña
881 896 801