Cookies

Bolsa de emprego

Dispoñemos de diversos perfís profesionais, entre os que podes atopar o adecuado para incorporar a túa empresa e  asesorámosche en todo o proceso.

 

Ten algún beneficio contratar persoas do Programa Incorpora?

O principal beneficio é que colaboras dando emprego a persoas capaces, pero con dificultades de acceso ao mercado laboral, mellorando o teu bo facer empresarial e a visión dos teus grupos de interese cara á túa empresa. A contratación dalgunhas destas persoas (dependendo das súas circunstancias) pode supoñer a aplicación de reducións na cota da seguridade social ou axudas económicas pola súa contratación. Asesorarémosche.

 

Como solicito persoal se quero contratar?

Dinos que necesitas e un dos nosos técnicos rexistrará a oferta en base ás túas necesidades, perfil demandado, opcións e duración do contrato e enviarémosche CV das persoas que máis se adecúen á túa necesidade. Se fas o contacto a través do Programa Incorpora e autorízasnos, poderemos compartir esa oferta co resto das entidades do Grupo Incorpora de Galicia ou con outras CCAA e con iso conseguirás un maior número de candidatos/as para facer a selección como desexas.

 

Teño que pagar o servizo?

Non, todo o proceso é gratuíto, estamos á túa disposición para asesorarche en todo momento.

 

Teño a obrigación de contratar aos usuarios/as que me foron presentados?

Non, se os perfís que che presentamos non se adecúan ás túas expectativas ou necesidades de contratación só tes que dicírnolo.

Solicita máis información no teléfono 986 253 176; tamén podes acudir ás nosas oficinas.

Persoa responsable do programa: Silvia Fernández Fuentes

      Imprimir