Cookies

Proba rápida da Hepatite C

Proba rápida da Hepatite C
Tes dúbidas? Faite a proba
QUE SON?
Son probas que permiten detectar a presenza de anticorpos contra o virus da hepatite C (VHC). Son anónimas, confidenciais, gratuítas e desbotables. A proba rápida reactiva non é diagnóstica e, polo tanto, debe ser confirmada por probas de laboratorio.
 
COMO SE FAN?
As probas para diagnosticar o virus realízanse a través dunha mostra de saliva recollida cunha espátula que logo se introduce nun frasco cun líquido revelador. Despois de 20 minutos obténse o resultado.
 
PODE FACÉRSELA CALQUERA?
É unha proba que pode facer calquera persoa que sospeite dunha posible transmisión do virus. Deben ter pasado tres meses (período xanela) desde a exposición ao virus para que a proba detecte posibles anticorpos, aínda que en xeral se detectan a partir das 6-8 semanas despois da transmisión. A fiabilidade e sensibilidade destas probas está por enriba do 99%.
 
COMO SE CONTRAE O VIRUS?
Contáxiase con calquera práctica susceptible de entrar en contacto con sangue infectado, en escasas ocasións por relacións sexuais, sobre todo HSH, e excepcionalmente transmítese de nai a fillo.
 
QUEN DEBE FACERSE A PROBA?
Calquera persoa interesada en coñecer o seu estado serolóxico. Ademais, como a infección aguda co VHC é xeralmente asintomática, recoméndase un exame médico das persoas con alto risco de infección. É moi recomendable nos seguintes casos de risco:
  • Persoas usuarias de drogas inxectables, de drogas de vía intranasal ou por cualquera outra vía (non inxectable).
  • Persoas portadoras de tatuaxes e/ou perforacións ornamentais (“piercings”), cando se fixeran en lugares que non cumpren coas medidas de hixiene necesarias.
  • Reclusos, exreclusos ou outras persoas residentes en entornos pechados.
  • Persoas cuxas parellas sexuais estean infectadas polo VHC.
  • Persoas con antecedentes de intervencións quirúrxicas, sobre todo ciruxía maior.
  • Persoas que teñan recibido transfusións de sangue ou derivados antes 1990.
  • Persoas infectadas por VIH, xa que es frecuente a coinfección.
  • Persoas que viaxaran a zonas onde é común a Hepatite C (Mediterráneo Oriental e Europa. OMS 2019).
ONDE PODO PEDIR MÁIS INFORMACIÓN?

Vigo

A Coruña