Cookies

Padroado

Os membros do  Padroado son os que se indican a continuación:
 
PROTECTORADO
Consellería de Política Social, según Orde do 2 de febreiro de 2016 (DOG nº 34, do 19 de febreiro de 2016). Xunta de Galicia
 
PRESIDENTA DE HONRA
Carmen Avendaño Otero
É unha pioneira na loita contra o narcotráfico, denunciando aos grandes traficantes e reivindicando programas de prevención e tratamento de drogodependentes. Comezou a súa traxectoria como activista social en 1975 dende a Asociación de veciños de Lavadores (Vigo). Portavoz e fundadora da Asociación Érguete en 1984, fundóu a Federación Galega de Axuda ao Drogodependente. A partir de 1995 foi concelleira do PSOE no Conello de Vigo e diputada provincial do PSOE en Pontevedra. Preside a Fundación dende a súa creación en 1999, e a Asociación Érguete de Axuda ao Toxicómano na actualidade; tamén é membro do Consello de Administración do Real Clube Celta de Vigo. 
 
PRESIDENTE
Rubén Cagiao Avendaño
Profesional do sector do automóbil exercendo como Técnico e Encargado de Produción. Vinculado de forma persoal á Asociación  Érguete, desde os seus inicios, e posteriormente á Fundación Érguete-Integración, alimentado do seu coñecemento e evolución até a actualidade. A partir de decembro de 2016 ocupa a vicepresidencia do Padroado da Fundación, e desde 2021 tamén é Tesoureiro. 
 
VICEPRESIDENTE
Manuel Cisneros Rodríguez
Avogado con despacho profesional na cidade de Vigo desde xaneiro de 1986 e colaborando coa Asociación Érguete desde 1990. Participou na constitución da Fundación Érguete-Integración e forma parte do seu Padroado desde as súas orixes.
 
 
 
SECRETARIA
Antía Cisneros Galovart
Avogada en exercicio dende 2003, especialista en Dereito Administrativo e Sector Público, actualmente socia de LEXVAL avogados e consultores en Vigo. De 2003 a 2006 colaborou como voluntaria da Asociación Érguete. De 2006 a 2009 pasa a ser Coordinadora do programa ITINERE na Fundación Érguete-Integración. Dende 2010 exerce como Secretaria do Padroado da Fundación.
 
 
TESOUREIRO
Juan A. González Pérez
Lcdo. en Historia pola USC. Foi Director da Fundación Érguete-Integración dende a súa constitución en 1999 ata xuño de 2015, data na cal foi elexido como Alcalde do Concello de Nigrán (Pontevedra), ademáis é Diputado Provincial do PSOE en Pontevedra, e Presidente do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
 
 
FUNCIONAMENTO DO PADROADO
  • O Padroado reúnese de maneira ordinaria 2 veces ao ano e ocasionalmete podería facelo unha vez máis de maneira extraordinaria. 
  • Ás reunións acuden os seus cinco membros.
  • Os postos que ocupan non teñen remuneración algunha.
  • Os cargos renóvanse cada 4 anos, como establece a lexislación vixente.
      Imprimir