Cookies

Proba rápida do VIH

Proba rápida do VIH
Tes dúbidas? Faite a proba

QUE SON?
Son probas que detectan a presenza de anticorpos contra o virus de inmunodeficiencia humana (VIH). Son anónimas, confidenciais, gratuítas e desbotables.

COMO SE FAN?
A través dunha mostra de saliva recollido cunha espátula que logo se introduce nun frasco con líquido revelador. Despois de 20 minutos obtense o resultado.

PODE FACELA CALQUERA?
É unha proba que pode facer calquera persoa que mantivese unha práctica de risco que lle faga sospeitar dunha posible transmisión do virus. Deben pasar tres meses (período xanela) desde que se tivo dita práctica para que a proba detecte posibles anticorpos.

QUE SE CONSIDERA UNHA PRÁCTICA DE RISCO?
Calquera práctica sexual sen preservativo ou compartir materiais de consumo de drogas susceptibles de estar en contacto con sangue.

HAI ALGO MÁIS QUE DEBA SABER?
A proba rápida reactiva non é diagnóstica e, por tanto, deber ser confirmada por probas de laboratorio.

ONDE PODO PEDIR MÁIS INFORMACIÓN?

Vigo:

Coruña:

Para máis información sobre VIH e outros lugares onde facer a proba, no teléfono 881 542 960 de luns a venres de 8:00 a 15:00 ou na web www.sergas.es.