Cookies

Prácticas non laborais

Que son as prácticas non laborais en empresas?

Periodo en el que el alumnado se forma en un centro de trabajo, poniendo en práctica los conocimientos teórico-prácticos aprendidos durante la formación.

 

Xera algún custo asumir alumnos/as en prácticas?

Ningún. Facémonos cargo do Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil do alumnado. Asinamos un convenio de colaboración no que podes ver as condicións. Achegámosche a figura do titor ou tutora de formación, que estará pendente do correcto desenvolvemento das prácticas e á que podes acudir sempre que o estimes oportuno. Como alumnado en prácticas disporá dun Seguro de Accidentes e de Responsabilidade Civil asumido pola Entidade, o que suporá un coste cero para a empresa colaboradora.

 

Teño que pagar ao alumno en prácticas?

Non, non é un traballador eventual, é unha persoa que aínda está a se formar e á que ti lle facilitas o contacto coa actividade laboral no teu centro de traballo.

 

Quero ser empresa de prácticas, Que teño que facer?

Temos varias vías de comunicación para falar coa persoa responsable do programa Rocío Domínguez Otero. Vía correo electrónico á seguinte dirección (uapoio.emprego@gmail.com ) ou contactar por teléfono ao 655 262 137 ou ao 986 253 176. Deste xeito poderemos falar da actividade que desenvolve a empresa, e que perfil do alumnado se adaptaríua as súas características. Encargámonos dende a Entidade da xestión integral de todo o proceso de prácticas: dende a elaboración do Convenio de Colaboración ata a certificación.

 

SATISFACCIÓN DAS EMPRESAS COAS PRÁCTICAS

      Imprimir