Cookies

Espazo 0

Espazo 0
Punto accesible de acompañamento a persoas vulnerables para realizar trámites en materia de vivenda, saúde, formación e emprego

Con Espazo 0, a Fundación pretende dar un servizo -sen cita previa e presencial-  de intervención psicosocial integral no período 2022-2023, no que as persoas en risco de exclusión social severa e/ou sen fogar na cidade de Vigo poidan atopar un espazo para realizar trámites de todo tipo (vivenda, saúde, formación, emprego, xestións sociais…) co apoio de persoas profesionais no ámbito social.

 

É unha ferramenta de acompañamento ás persoas en situación de multivulnerabilidade de Vigo no seu proceso de inicio á inclusión social. Pretende darlles apoio nos distintos obstáculos que se atopen nese transcurso: a fenda dixital, as citas previas e non presenciais, a diversificación nos servizos sociais e de saúde, a falta de recursos para o transporte e a falta de habilidades sociais e de comunicación.

 

O obxectivo deste proxecto é mellorar a empregabilidade e conseguir cambios significativos nas vidas das persoas atendidas, xa que desde o emprego contribúese enormemente á socialización, promóvese o desenvolvemento das relacións sociais e facilítase a participación activa no exercicio dos seus dereitos de cidadanía como prestacións sociais ou pensións.

 

Situado na sede da Fundación Érguete-Integración de Vigo, de luns a venres en horario matinal.