Servizo no que se informa ás persoas demandantes de emprego sobre o seu potencial laboral, ofrecéndolle asesoramento na procura de emprego, así coma un abanico de ofertas formativas para facilitar a súa inserción no mundo laboral.
A Consellería de emprego e igualdade desenvolve un sistema de orientación laboral baseado na información, orientación e procura activa de emprego, para mellorar a ocupación das persoas desempregadas. Ademais da rede de Oficinas de Emprego da Consellería, existe unha rede de persoal orientador en entidades colaboradoras, seleccionadas a través dunha Orde de convocatoria anual.
Obxectivos
Os obxectivos que definen as accións de orientación profesional son:
Tipos de Accións
As accións de orientación laboral da persoa desempregada seguen estos pasos:
En primeiro lugar ten unha entrevista en profundidade para coñecer o seu perfil profesional-ocupacional. Despois realízase un itinerario de inserción laboral, analízanse as súas capacidades e crease o seu itinerario profesional, con accións formativas concretas. Despois recibe información profesional dentro do espacio territorial da súa busca de emprego. E, por último, empezar a busca activa de emprego, mediante grupos de traballo, o/a usuario/a planifica e organiza a busca de emprego asesorado por unha técnica de Orientación que coordina todo o proceso.
Formas de Acceso
O acceso a accións de orientación laboral para persoas demandantes de emprego realízase a través do seu centro titor do Servizo Público de Emprego de Galicia ou de calquera Oficina de Emprego.
Vigo
Técnica de Orientación: Silvia Fernández Fuentes
Dirección: Avda. Martínez Garrido, 21, interior
Email: orientacion@fundacionerguete.org
Tf.: 986 253 176
A Coruña
Técnica de Orientación: Jessica Rios Maneiro
Dirección: Centro Asociativo Veciñal Ramón Cabanillas, Av. Arteixo, 85, Baixo
Email: insercion.coruna@gmail.com
Tf.: 981 008 580
SEDE PRINCIPALVIGO
Avda. Martinez Garrido 21, interior
36205 Vigo (Pontevedra)
986 253 176
CALOR-CAFÉ A CORUÑA
Barrio de las Flores
Rúa Azahar bloque 48, portal 10-baixo
15008 A Coruña
881 896 801