A Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia, con data 3 de decembro de 2020, outorga unha subvención á Fundación Érguete-Integración, para a contratación durante 12 meses de cinco persoas desempregadas para a realización do servizo “Apoio para a inclusión sociolaboral de colectivos desfavorecidos”, ao abeiro da Orde do 31 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro.
Finalidade
O obxectivo fundamental desta orde é facilitar a mellora da empregabilidade das persoas traballadoras desempregadas a través da adquisición de experiencia profesional, obxectivo que non se desvirtúa, senón que se potencia, pois concentra os servizos que se van a desenvolver e, por tanto, as contratacións, nun sector potencialmente xerador de emprego como é o dos servizos sociais, cada vez máis demandados pola sociedade e que precisan de profesionais con experiencia para cubrir as necesidades cada vez maiores neste ámbito.
Posto e funcións das persoas contratadas:
SEDE PRINCIPALVIGO
Avda. Martinez Garrido 21, interior
36205 Vigo (Pontevedra)
986 253 176
CALOR-CAFÉ A CORUÑA
Barrio de las Flores
Rúa Azahar bloque 48, portal 10-baixo
15008 A Coruña
881 896 801