Os nosos inicios
O 4 de novembro do ano 1999, constitúese a FUNDACIÓN ÉRGUETE-INTEGRACIÓN, coa finalidade de facilitar a inserción social e o acceso ao mercado laboral de persoas con problemas de drogadicción e outros colectivos en risco ou situación de exclusión social: persoas desempregadas de longa duración, mulleres vítimas de violencia de xénero, persoas recluídas e exreclusas, migrantes, minorías étnicas. Nun principio o seu labor centrouse na formación ocupacional, a través de Talleres de Emprego e cursos.
Co paso do tempo, levando á práctica unha filosofía de “integración” e para evitar guetos de marxinación, a entidade vai crecendo e desenvolvendo novos programas, que abarcan a máis colectivos e amplía o seu ámbito de actuación á comunidade galega, estando vixentes na actualidade máis de vinte programas en catro grandes áreas de actuación: Formación e incorporación laboral, Intervención en medio penal, Intervención social e Igualdade.





