Fomento Emprego en ONG do Concello de Vigo
Programa de fomento ao emprego para mellorar a empregabilidade e realizar servizos de interés xeral e social en Vigo
Esta convocatoria de subvencións, realizada pola Concellería de Emprego do Concello de Vigo, ten por obxecto a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas económicas ás entidades sen ánimo de lucro que operan no movemento veciñal, social, sindical, deportivo, empresarial e das comunidades de montes, constituídas legalmente como tales entidades sen ánimo de lucro, para actividades de fomento do emprego entre os veciños e veciñas de Vigo; co fin de reforzar a súa capacidade de autoorganización e posibilitar o fortalecemento do tecido social e a promoción da calidade de vida e benestar social da cidadanía.
Con esta medida preténdese reducir, nestes anos de crise, a porcentaxe de desempregados/as na cidade mediante a contratación do maior número de postos de traballo a través da colaboración coas organizacións con presencia na cidade de Vigo, de tal xeito que se mellore a prestación de servizos de información, formación e asesoramento ás persoas en situación de desemprego cara a busca de emprego, o autoemprego e o fomento do emprendemento.
O proxecto subvencionado denomínase ATENCIÓN A PERSOAS EN SITUACIÓN OU RISCO DE EXCLUSION SOCIAL, e conta coa contratación de 2 profesionais.
OBXECTIVOS
XERAL: Colaborar na atención ás persoas beneficiarias da entidade en situación ou risco de exclusión social ao tempo que se adquire experiencia profesional no ámbito da acción social.
ESPECÍFICOS:
1. Apoiar ao equipo técnico da entidade na intervención persoal e social con persoas en situación de exclusión social, no programa Sisifo e o Ciberemprego
2. Adquirir experiencia profesional no ámbito da acción social.
3. Adquirir formación específica para o posto de traballo