Financiamento privado
Convenio entre o Ministerio del Interior (Secretaría General de Instituciones Penitenciarias), e a Fundación Barrié, a Fundación Roviralta, Saúde Mental FEAFES Galicia e a Fundación Érguete· Integración para a atención integral a persoas con enfermidade mental nos centros penitenciarios de Galicia.
Promotores:
Colaboradores:
Período vixencia: 2024-2027
Obxecto: mellorar a situación da poboación interna con enfermidade mental nos centros penitenciarios de Galicia. En concreto, a Fundación Érguete, coa formación de Internos/as de apoio – PROXECTO ABEIRO.
Contía: 84.160 euros

Acordo en virtude do programa INCORPORA da Fundación ”la Caixa” que subscriben a FUNDACIÓN BANCARIA CAIXA D'ESTALVIS I PENSIONS de Barcelona e Fundación Erguete-Integración, IGAXES- Instituto Galego de Xestión para ou Terceiro Sector, Saúde Mental FEAFES Galicia, APES - Asociación para a Prevención e a Educación Social, COGAMI e Fundación JUANSOÑADOR.
Período: 2025 Contía: 255.207,00 euros
Obxecto: promover e facilitar a inclusión laboral de persoas en risco de exclusión social (por diferentes situacións vitais) a través da súa contratación por parte de empresas que teñen un compromiso social e mediante unha metodoloxía baseada no traballo en rede entre as entidades sociais do territorio que conforman o grupo Incorpora, favorecendo o protagonismo das persoas, o seu acompañamento desde a proximidade e o asesoramento profesional á empresa do prospector laboral. Desenvolvendo accións en programa Incorpora, Reincorpora, Punto Autoemprego e Punto de Formación.

PROXECTO ESPAZO 0. É un punto accesible - sen cita previa e presencial - de intervención integral psicosocial, no que as persoas vulnerables poden realizar trámites en materia de vivenda, saúde, saúde mental, formación, emprego e de xestións sociais, acompañadas e apoiadas por un/a profesional.
Período: 2025-2026 Contía: 50.000,00 euros
Período: 2024-2025 Contía: 49.601,00 euros
Obxecto: Acompañamento ás persoas sen fogar no seu proceso de inicio á inclusión social

PROGRAMA MAIS MOCIDADE. Convenio entre a Fundación ”la Caixa”, en calidade de organismo intermedio privado do Fondo Social Europeo no PROGRAMA FSE+ DE EMPREGO XUVENIL, e Fundación Érguete-Integración en calidade de entidade beneficiaria.
Período: 2024-2029
Obxecto: A operación céntrase na mellora da empregabilidade e formación para o emprego a través dun itinerario formativo completo, destinado a que os mozos obteñan a formación e/o cualificación necesarias que mellor se adapten ás necesidades do mercado de traballo e das empresas, de modo que estes reforcen as competencias para a inserción laboral a través do acceso ao emprego estable e de calidade.
Contía: 2024–2025: 59.068,49 €
2025–2026: 110.000,00 €
2026–2027: 110.000,00 €
2027–2028: 110.000,00 €
2028–2029: 110.000,00 €

V CONVOCATORIA DO PROGRAMA MARCO DE RESPONSABILIDADE SOCIAL CORPORATIVA DE ENCE. Dentro da política de Responsabilidade Social Corporativa de ENCE, o Pacto Ambiental e o Convenio de Colaboración, baixo a denominación de Programa Marco, instituyen unha liña de axudas, bolsas, contratos, patrocinios e outros medios de financiamento para a realización de actividades, proxectos, estudos e investigacións, destinado a entidades, asociacións, institucións persoas físicas e xurídicas radicadas na contorna territorial de ENCE, concretamente, nos municipios de Pontevedra, Poio e Marín, e excepcionalmente a entidades ou persoas físicas de fóra deste ámbito territorial, sempre que o obxecto da axuda teña relevancia nos municipios situados no radio de acción de ENCE.
Período de execución: 2024-2025
Obxecto: Programa de redución do dano en Marin (Pontevedra). O proxecto facilitará o acceso e integración das persoas drogodependentes á rede asistencial a través dun traballo individualizado de motivación e derivación, ademais de favorecer medidas que eviten ou minimicen a exclusión social e sanitaria de persoas con problemas de consumo de drogas.
Contía: 10.000 euros

Convocatoria de subvencións para a realización de actividades de interese xeral consideradas de interese social, correspondente á Secretaría de Estado de Dereitos Sociais do Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030. UNAD actúa como solicitante e Fundación Érguete-Integración como executante.
Período: 2025
Obxecto: Proxecto NEXUS. Formación de mediadores en redución de danos e deshabituación para a creación dun grupo de axuda mutua no C.P. Pereiro de Aguiar (Ourense).
Contía: 1.912,29 €










