Que facemos >  

Reincorpora

  • Traballamos para que as persoas privadas de liberdade volvan sentirse parte da sociedade

O Programa Reincorpora ofrece ás persoas reclusas privadas de liberdade a oportunidade de construír un futuro diferente e plenamente integrado na sociedade a través de itinerarios personalizados. As persoas participantes melloran as súas habilidades e competencias, reforzando os valores que facilitarán o seu camiño cara á integración sociolaboral. É importante sinalar que todos os itinerarios parten dunha valoración inicial das capacidades, necesidades e dificultades de cada persoa que participa, para que desta forma, se realice unha intervención personalizada e integral. 

Estrutúrase en varias fases de intervención:

  1. Selección: elección das persoas que participarán no programa. Tendo en conta diferentes cuestións que abarcan desde a situación penal, ata a motivación polo cambio por parte da persoa privada de liberdade. 
  2. Posicionamento ante o emprego: actuacións dirixidas a acompañar ás persoas participantes no proceso de desenvolvemento persoal e profesional, traballando desde e para a persoa. Desenvólvense tanto accións individuais como grupais.
  3. Formación e prácticas profesionais non laborais: inclúe accións formativas destinadas a mellorar a cualificación da persoa participante (a través do Punto Formativo Incorpora), combinando formación en competencias transversais e clases teóricas, coa realización de prácticas non laborais na  empresa ordinaria, o que permite demostrar o aprendido na aula e achegarse ao mundo empresarial. Ademais, ao integrarse no mundo laboral tamén se fomenta a creación de novos vínculos con persoas alleas á institución, posibilitando así unha integración real. 
  4. Servizos á comunidade: consiste na preparación e realización, por parte da persoa participante, dun servizo solidario que responde ás necesidades da comunidade. Desta forma foméntanse valores de solidariedade, compañeirismo e desenvólvense habilidades sociais dentro da contorna. 
  5. Busca activa de emprego e inserción laboral: accións individuais e grupais de orientación sociolaboral. Estas actividades están destinadas a ensinar, apoiar e acompañar á persoa participante no proceso da procura activa de emprego e na integración e o mantemento do posto de traballo. Concrétase a través do Programa Incorpora.

 

Estas fases non necesariamente se desenvolven en todos os itinerarios e tampouco son consecutivas no tempo, senón que se solapan en virtude das necesidades de planificación e do propio participante. No caso da fase de selección, si ten lugar en todas as modalidades do programa. A existencia de diferentes modalidades do programa achega flexibilidade na intervención e axuda a que se realice da maneira máis individualizada posible:

  1. Inout: 10 meses de intervención (4 meses no medio pechado e 6 meses no medio aberto). Nos que pasan por todas as fases arriba mencionadas.
  2. Itinerarios con capacitación: 6 meses de intervención en medio aberto no que se deriva á persoa participante a un punto formativo para, ao finalizar, traballar a procura de emprego.
  3. Itinerarios sen capacitación: 6 meses de intervención no medio aberto. Deséñanse itinerarios personalizados de inserción sen necesidade de capacitación técnica.

 


PROGRAMA EPYCO (NOVO)
Este ano, o 2019, o Centro Penal de Teixeiro e o Centro de Inserción Social “Carmela Arias e Díaz de Rábago” da Coruña foron seleccionados para implantar o programa  EPYCO (Programa de Inserción Sociolaboral de Adestramento Persoal e Competencial) impulsado por TPFE (Traballo Penal e Formación para o Emprego) en colaboración con Acción Contra a fame e a Obra Social “la Caixa” e FSE (Fondo Social Europeo).

Para que isto sexa posible, primeiro un grupo multidisciplinar en cada centro, composto por profesionais da administración penal e persoal técnico do programa Reincorpora, serán formados nas técnicas do coaching e na formación por competencias; para posteriormente, deseñar un programa no marco destas disciplinas adecuado a cada centro que traballe con itinerarios personalizados de inserción sociolaboral.


Persoa responsable: Rosaura Romo Hernández
Email: itinere.coruna@gmail.com
Tlfn.: 664 493 960

Técnica Reincorpora A Coruña: Ana Súarez Pérez
Email: itinere.empleo@gmail.com

Técnica Reincorpora Vigo: Maite Pena
Email: itinere.tecnica@gmail.com

MATERIAIS RELACIONADOS
Documentos

Vídeos

Imaxes
  • 1 de 42

Enlaces
  • SEDE PRINCIPALVIGO

    Avda. Martinez Garrido 21, interior
    36205 Vigo (Pontevedra)
     

    986 253 176

  • CALOR-CAFÉ A CORUÑA

    Barrio de las Flores
    Rúa Azahar bloque 48, portal 10-baixo
    15008 A Coruña

    881 896 801

  • O desenvolvemento desta WEB foi posible grazas ao mecenado da Fundación Barrié e a RSC de Edisa Logo FBarrie Logo EDISA