As Axencias de Colocación están reguladas no Real Decreto 1796/2010, de 30 de decembro, son entidades públicas ou privadas, que realizan actividades que teñen por finalidade proporcionar un traballo ás persoas desempregadas. Para conseguir este fin valorarán perfís, aptitudes ou coñecementos das persoas desempregadas e tamén poden realizar actuacións relacionadas coa procura de emprego, tales como a orientación, información profesional ou selección de persoal.
A Fundación Érguete-Integración conta coa certificación oficial que a acredita como Axencia de Colocación nº 1200000078.
Grazas a esta cualificación, a entidade continúa aproveitando ao máximo as sinerxías que se establecen co servizo público de emprego, ademais de manter tamén unha estreita relación co tecido empresarial da zona e arredores. Coma todos os servizos que se ofertan na entidade é de carácter gratuíto.
O fin último do traballo da Fundación Érguete como axencia de colocación é proporcionar ás persoas demandantes de emprego un traballo adaptado ás súas características, así como achegar ás empresas aqueles/as traballadores/as que se axusten aos seus requirimentos e necesidades.
Se te interesa inscribirte na Axencia de Colocación ponte en contacto co Servizo de Orientación Laboral ou no Ciberemprego.
SEDE PRINCIPALVIGO
Avda. Martinez Garrido 21, interior
36205 Vigo (Pontevedra)
986 253 176
CALOR-CAFÉ A CORUÑA
Barrio de las Flores
Rúa Azahar bloque 48, portal 10-baixo
15008 A Coruña
881 896 801