A formación ocupacional cualifícanos para ter máis posibilidades de acceder a un emprego mediante a aprendizaxe dunha profesión.
Desde a nosa Fundación ofrecémosche formación ocupacional diversa:
Punto Formativo Incorpora: é un programa integral que axuda na mellora do perfil profesional a persoas con dificultades de acceso ao emprego. Se che interesa participar, debe derivarte unha entidade INCORPORA. Impartíronse especialidades relacionadas cos ámbitos de ALMACÉN, LIMPEZA, MECÁNICA, HOSTALERÍA ou PANADERÍA.
Accións Formativas dirixidas prioritariamente a persoas desempregadas (AFD): o seu obxectivo é a cualificación profesional de persoas traballadoras desempregadas. Para participar neste tipo de formación é a túa oficina de emprego a que ten que derivarte, así mesmo, deberás poseer o nivel educativo esixido para cada especialidade.
Formación específica para mulleres:
Solicita máis información no teléfono 986 253 176, ou mediante o mail erguete.pfi@gmail.com; tamén podes acudir ás nosas instalacións.
Persoa de contacto: M. Soledad Costas Román
SEDE PRINCIPALVIGO
Avda. Martinez Garrido 21, interior
36205 Vigo (Pontevedra)
986 253 176
CALOR-CAFÉ A CORUÑA
Barrio de las Flores
Rúa Azahar bloque 48, portal 10-baixo
15008 A Coruña
881 896 801