Cookies

Proxecto E.V.A.

Proxecto E.V.A.
Emprego – Visibilidade – Autonomía

O Proxecto E.V.A. comprende actividades que xorden das necesidades da poboación feminina reclusa, de cara á súa incorporación ao mercado de traballo ao finalizar a condena, e a mellorar as súas condicións mentres dura esta.


Traballamos tanto en medio pechado (centros penitenciarios de A Lama, Teixeiro e Pereiro de Aguiar) como en medio aberto (Centros de Inserción Social de Vigo e A Coruña).

 

Realízanse as seguintes actuacións:

a) Servizos de orientación e información sobre recursos singularizados, de atención, orientación e asesoramento persoal e  social, así como de apoio directo nas relacións con outras entidades, organismos e servizos que faciliten ás persoas usuarias o seu proceso de integración social.
b) Servizo de atención psicolóxica.
c) Servizo de asesoramento xurídico.
d) Servizo de mediación intercultural e/ou familiar.
e) Actividades para a adquisición de habilidades persoais e sociais básicas ou de competencias para a mellora da empregabilidade.
f) Servizos ou medidas de orientación laboral e de acompañamento na busca de emprego, incluído o emprego por conta propia e o emprendemento, así como a prospección do mercado de traballo, a intermediación e a titorización laboral e profesional.

 

Responsable: Ana M. Alvarez Franco

Contacto: funderguete@fundacionerguete.org