Cookies

Formación do persoal

Bonos Talento Empresa
Para a realización de proxectos formativos de curta duración que se desenvolvan por parte das empresas.
 
        
 
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, a través da Subdirección Xeral de Cualificacións e Capacidades para o Emprego, ofrece esta axuda, dirixida a empresas e entidades do terceiro sector para financiar o investimento na capacitación do seu persoal, co obxectivo de mellorar o seu rendemento e capacidades.

Os fondos están destinados a impartir "microcredenciais":  accións formativas dirixidas ás traballadoras e traballadores da entidade, de carácter non formal e de curta duración (entre 16 e 100 horas).
 
Esta liña de axudas para microcredenciais de formación enmárcanse na  Axenda de Capacidades Europea para a competitividade sostible, a equidade social e a resiliencia (COM 2020 274) e na súa Recomendación do 16 de xuño de 2022 relativa a un enfoque europeo das microcredenciais para a aprendizaxe permanente e a empregabilidade (2022/C 243/02), e son cofinanciadas nun 60% polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+).
 
  • Obxectivo político 4: “Unha Europa máis social e inclusiva mediante a aplicación do piar europeo de dereitos sociais”
  • Prioridade 1. “Emprego, adaptabilidade, emprendemento e economía social”
  • Obxectivo específico ESO4.4 “Promover a adaptación dos traballadores, as empresas e os emprendedores ao cambio, o envellecemento activo e saudable e un entorno de traballo saudable e ben adaptado que aborde os riscos para a saúde”
  • Medida 1.D.01.: “Axenda Galega de Capacidades para o Emprego. Formación de persoas traballadoras”
 
A Fundación Érguete-Integración realizará dúas formacións ao abeiro desta axuda durante o 2024: “Edición de páxina web” (6 horas) e “Xestión e xustificación económica de proxectos” (20 horas).
 
      Imprimir