Este proxecto ten como finalidade establecer medidas que eviten ou minimicen a exclusión social e sanitaria de persoas con problemas de consumo de drogas, con especial atención ás mulleres por estar en situación dobremente vulnerable.
Obxectivos:
-
Achegar atención básica ás persoas que se atopan en circuítos segregadores.
-
Proporcionar unha formación actualizada e contrastada de VIH e de Hepatite.
Persoas beneficiarias:
-
Drogodependentes en activo en situación de risco social.
-
Exdrogodependentes en risco de recaída.
-
Outras persoas en situación de exclusión social que, polas súas características, presentan riscos asociados ao consumo.
Actividades:
1) Intervención na rúa:
-
Atención directa e personalizada, que incorpora aspectos como a escoita activa, a comprensión e o apoio nos procesos de mellora.
-
Facilitar o desenvolvemento de hábitos de relación social adecuados e normalizadores de hixiene, comportamento social, respecto aos demais, comunicación asertiva, etc.
-
Facilitar folletos informativos, cartóns e planillas informativas, realización de charlas, etc.
-
Desprazamento as zonas de consumo e contacto directo cos/as usuarios. Confianza e apoio para achegar o servizo ás persoas.
2) Actividades formativas: realizaranse accións formativas de VIH e de Hepatites, en centros da cidade aos que acode poboación potencialmente sensible de presentar problemas asociados ao consumo de sustancias (Centro de Menores, Albergues, etc.)
Temporalización:
O proxecto realízase de xaneiro a decembro de 2020, de forma ininterrompida.
1) Intervención na rúa:
O equipo de traballo desprázase dous días á semana (martes e xoves) en horario de 12:30 a 14:30 horas na unidade móbil ao poboado chabolista do Vao (Poio).
2) Actividades formativas:
Dúas actividades formativas en marzo, dúas en xuño e dúas en setembro de 2020, cunha duración de 3 horas cada unha.
Proxecto patrocinado por: