O Programa Integrado de Emprego, coordinado por EAPN, é froito da colaboración que manteñen coa Consellería de Emprego e Igualdade, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia impulsado pola Unión Europea e o Ministerio de Traballo e Economía Social.
Está dirigido a persoas en situación de desemprego e que pertenzan a colectivos en situación de vulnerabilidade ou exclusión social segundo o artigo 3 da Lei 10/2013 de Inclusión Social de Galicia que refire factores de exclusión como ter cargas familiares non compartidas, pobreza, estar en proceso de rehabilitación social, mulleres vítimas de violencia doméstica, inmigrantes ou emigrantes retornados, discapacidade, menores procedentes de institucións de protección, adultos con sentenzas cumpridas en institucións penitenciarias, estar en situación de senfogarismo, pertencer a unha minoría étnica, etc.
O Programa Integrado para o fomento do emprego é unha ferramenta de inserción laboral para as entidades que traballamos con persoas en risco ou situación de vulnerabilidade. Realizando un previo estudo de mercado, creamos itinerarios de inserción laboral, talleres de procura de emprego e habilidades sociais, formación laboral e prelaboral, formación ocupacional e intermediación laboral. O principal obxectivo é conseguir dotar as persoas usuarias da formación e as ferramentas necesarias para facilitar a súa inserción laboral de xeito efectivo.
Responsable do programa na entidade: Fátima Puente Ferreiro
Contacto: erguete.pie@gmail.com
#RedeEmpregoDigno #EmpregoDigno
Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e a Rede Europea de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social no Estado Español – Comunidade de Galicia para a realización de programas integrados para o fomento da empregabilidade dirixido a persoas vulnerables, no marco do plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
SEDE PRINCIPALVIGO
Avda. Martinez Garrido 21, interior
36205 Vigo (Pontevedra)
986 253 176
CALOR-CAFÉ A CORUÑA
Barrio de las Flores
Rúa Azahar bloque 48, portal 10-baixo
15008 A Coruña
881 896 801