Proxecto DANA

Programa de defensa persoal e apoderamento para mulleres
Desde - Hasta: 21/08/2023 - 30/12/2023
O Proxecto DANA combina aspectos técnicos da defensa persoal con ferramentas psicoemocionais, de forma que as mulleres non só senten que teñen capacidade de actuar fronte a situacións de perigo físico, senón que aprenden tamén a xestionar emocionalmente este tipo de situacións, ademais da recoñecer e frear agresións psicolóxicas e emocionais.
Este proxecto pretende situar ás mulleres participantes como suxeito activo das súas vidas, dándolle a volta ao rol de vítima-pasiva que as mulleres adoitan adoptar por mor da educación recibida.
Esta acción divídese en dous bloques diferenciados:
a) Físico: Taller de defensa persoal
- Mobilidade e agresións simples
- Agresións básicas e por contacto
- Situacións complexas e de perigo
- Situacións reais e seguridade persoal
b) Psicolóxico/emocional: Taller de autoestima e igualdade
- Autoestima e Empoderamento desde a perspectiva de xénero.
- Autocoidado
- Xestión das emocións
- Desmitificación da figura do agresor
- Ferramentas psicolóxicas
Coordinadora do proyecto:
Jenifer Dios Martínez
Contacto: 986253176 | tecnica.reincorpora@gmail.com