Servizos á cidadanía
Servizos de mellora de vida nos barrios de Vigo realizados por persoas con difícil acceso ao emprego
A través dun convenio co Concello de Vigo para a promoción do emprego, a Fundación Érguete-Integración pon en funcionamento e xestiona os servizos seguintes:
- Coidadores de Barrio
- Redución do dano con drogodependentes (a tráves do Programa Sísifo)
Ao mesmo tempo que se encarga da selección e contratación de persoas con dificultades de acceso ao emprego, para realizar eses servizos, proporcinándoles a formación necesaria para o seu desempeño.
E colabora con:
- Bancos do Tempo. Temos a catro persoas contratadas a través do Convenio co Concello de Vigo, para participar neste servizo. Se queres máis información bótalle un vistazo ao documento que tes a túa disposición, á dereita da pantalla, tamén podes acceder a seu blog facendo clic aquí.