Cookies

Noticias 

© FEI | 06/10/2023 | Xornada sobre a obtención do permiso de traballo por conta propia

O Punto Autoemprego Incorpora celebra unha xornada sobre a obtención do permiso de traballo por conta propia

A charla promovida por Fundación “la Caixa” realizouse este xoves 5 de outubro na Casa Galega da Cultura

 

05/10/2023 | Vigo

Hoxe 5 a través do Programa Punto Autoemprego Incorpora, promovido por Fundación “la Caixa”, organizamos unha xornada sobre "Obtención do permiso de traballo por conta propia" no Salón de actos da Casa Galega da Cultura.

Inaugurou o acto a Responsable de Fundación “la Caixa” e Programa Incorpora en Galicia, Cristina Rozas. Máis tarde, Marta Alonso, a nosa técnica de Autoemprego presentou a ponencia, da man de Guillermo Guerrero, CEO de Empreder siendo Extranjero, estivo dirixida tanto a profesionais con coñecementos en estranxería como persoas migrantes interesadas, que se achegaron a coñecer en profundidade o procedemento de solicitude de arraigo social por conta propia.

Tratáronse temas como os criterios de aplicación en conta propia do Reglamento de Estranxería, a documentación necesaria para a obtención do permiso de traballo, os perfís (solicitantes de protección internacional, estudantes, residencia non lucrativa ou con traballo por conta allea…), e a adecuación do plan de negocios a estranxería, entre outros. Guerrero expuxo varios casos prácticos e atendeu as dúbidas e preguntas das persoas asistentes. Clausurou o acto o Vicepresidente da entidade, Rubén Cagiao Avendaño.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Punto Autoemprego Incorpora