Cookies

Noticias 

Orientación laboral e xestión de competencias

Continuamos a colaboración co Concello de Carballo

29/07/2021 | Carballo (Coruña)

Este mes recibimos a aprobación da axuda solicitada na convocatoria de subvencións dirixidas a Entidades sen ánimo de lucro que desenvolven accións no ámbito dos Servizos Sociais no ano 2021 do Concello de Carballo.


O programa subvencionado é o de ORIENTACIÓN LABORAL E XESTIÓN DE COMPETENCIAS, dirixido a 10 persoas de Carballo e a súa contorna en réxime de semiliberdade ou que finalizaron a súa condena.


Do 08 de novembro até o 17 de decembro deste ano trataremos de mellorar a súa empregabilidade e competencias persoais de cara á súa inserción social e laboral, facilitando a súa integración na comunidade.

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Itínere