Cookies

Noticias 

© UNAD | 23/11/2023 | World Café Hepatitis C e VIH: Networking para avanzar ante a coinfección

Participamos no World Café Hepatitis C e VIH de UNAD

A Red de Atención a las Adicciones organiza hoxe un espazo no que poder ampliar a rede de contactos de cara a un avance ante a coinfección

23/11/2023 | Madrid

O acto comeza cunha benvida institucional da man do representante do Ministerio de Derechos Sociales y Agenda 2030 e do presidente de UNAD, Luciano Poyato Roca.

Nun inicio, o representante de CESIDA, realizará unha análise da situación do VIH en España. Tras isto, dará inicio a presentación de boas prácticas de entidades como ARAD La Rioja, Fundación Canaria Yrichen, Bizkaisida ou San Miguel Adicciones.

Representando á nosa entidade, a Fundación Érguete-Integración e presentando as boas prácticas do programa, participará Adela Uriz, a responsable e coordinadora do programa de Saúde Pública:VIH e Hepatite.

Por último, terá lugar un café-diálogo colaborativo no que todas as entidades poderán intercambiar opinións, prácticas e reflexións.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Sísifo