Cookies

Noticias 

© FEI | 16/11/2023 | Simposio A Inclusión sociolaboral das persoas vulnerabilizadas de EAPN Galicia en Santiago de Compostela

Participamos no simposio A inclusión sociolaboral das persoas vulnerabilizadas

EAPN Galicia organiza o acto para presentar os resultados do Programa Integrado de Emprego e o Manual de boas prácticas para a inclusión sociolaboral das persoas vulnerabilizadas

16/11/2023 | Santiago de Compostela

Onte, na Cidade da Cultura tivo lugar o simposio A inclusión sociolaboral das persoas vulnerabilizadas de EAPN Galicia. O evento foi inaugurado pola presidenta de EAPN Galicia, Ana Pardo; o director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado; e o secretario xeral técnico de Promoción do Emprego e Igualdade, Alberto Fuentes. O obxectivo foi a presentación do Manual de boas prácticas xunto aos resultados do Programa Integrado de Emprego coordinado pola EAPN coas 14 entidades sociais colaboradoras, entre as que forma parte a Fundación Érguete-Integración.

A representación da Fundación na mesa de diálogo de persoas participantes no programa, estivo en mans de Rosa que amosaba o seu agradecemento polo moito que lle ofreceu a nivel persoal e profesional, e xunto ao resto de participantes doutras entidades reflexionaban sobre que consideraban un emprego digno.

Máis tarde, formaríamos parte do diálogo de experiencias de colaboración empresarial. Rocío Domínguez, a nosa técnica de prospección, acompañada de María Nadales, a responsable de FNAC en Vigo.

Como diálogo final, houbo unha mesa na que representantes das distintas administracións falaron sobre a necesidade do traballo en rede. As conclusións da xornada viñeron da man de Ana Álvarez, directora da Fundación Érguete e Secretaria da EAPN Galicia, e Ana Pardo, a presidenta de EAPN Galicia. O evento foi clausurado a última hora da mañá pola subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, e o presidente do Consello Económico e Social, Manuel Pérez.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Anteriores > ASESORAMENTO PARA O EMPREGO > Programa Integrado de Emprego