Infórmate > Noticias 

Noticias 

Servizo á comunidade Reincorpora: charla da cooperativa MULLERES COLLEITEIRAS
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

16/12/2016 | A Coruña

O venres 16 de decembro a Fundación Erguete-Integración realizou a primeira parte do servizo á comunidade Reincorpora vinculado co Punto Formativo de Limpeza que se está desenvolvendo na Coruña.

1 de 1

A actividade consistiu nunha charla onde a Cooperativa Mulleres Colleiteiras presentou o seu proxecto, nun aula do Centro de Inserción Social da Coruña. Unha iniciativa que nace da Asociación Arquitectura sen Fronteiras, onde un grupo de mulleres en exclusión social, procedentes dun asentamiento xitano, crea unha empresa dedicada á recolleita e almacenamento de aceite usado. Esta iniciativa non só traballa polo empoderamiento da muller en exclusión, senón pola promoción do autoemprego e o fomento de actividades comerciais responsables co medio ambiente.

Xa son varios os convenios que puxeron en marcha, por exemplo, como co Concello da cidade da Coruña e outros limítrofes, onde colocaron unha serie de colectores para que a xente deposite o aceite usado. Algunhas empresas empezaron a colaborar con esta iniciativa e son varios os premios que recoñecen o seu traballo.

A actividade foi moi ben recibida, non só polos participantes do punto formativo de limpeza, senón que tamén quixeron acudir á xornada outros usuarios da Fundación e participantes dos demais programas Reincorpora da Obra Social “lA Caixa”. Os asistentes, ademais de escoitar a experiencia das Mulleres Colleiteiras, estiveron moi participativos ao formular preguntas con respecto á súa rutina diaria e ao proceso de creación de empresa.


A actividade tendrá unha segunda parte na que os alumnos Reincorpora poderán asistir a unha feira onde participen as Mulleres Colleiteiras e ver in situ o seu traballo, ademais de bortarlles unha man no que precisen.
 

Arquivada en:

Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Reincorpora

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias
  • SEDE PRINCIPALVIGO

    Avda. Martinez Garrido 21, interior
    36205 Vigo (Pontevedra)
     

    986 253 176

  • CALOR-CAFÉ A CORUÑA

    Barrio de las Flores
    Rúa Azahar bloque 48, portal 10-baixo
    15008 A Coruña

    881 896 801

  • O desenvolvemento desta WEB foi posible grazas ao mecenado da Fundación Barrié e a RSC de Edisa Logo FBarrie Logo EDISA