Cookies

Noticias 

Abrimos proceso de selección de persoal

As persoas interesadas en participar no proceso de selección para os postos de traballo ofertados xa poden enviar os seus CV

21/11/2023 | Vigo / A Coruña

Abrimos PROCESO DE SELECCIÓN (Programas de Cooperación) para os seguintes postos:

  • 1 Técnico/a de programa de captación activa e intervención en medio aberto (Vigo). CNO 2824
  • 1 Técnico/a de programa de captación activa e intervención en medio aberto (A Coruña). CNO 2824
  • 1 Técnico/a de comunicación externa e interna da entidade (Vigo). CNO 2922
  • 1 Técnico/a de inserción laboral (apoio no Ciberemprego) (Vigo). CNO 3713

REQUISITOS DAS PERSOAS CANDIDATAS:

1.    Estar desempregadas e inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados, así como dispoñibles para o emprego.

2.    Non ter sido contratadas por un período igual ou superior a seis meses, con cargo ás axudas concedidas polas ordes da Consellería de Economía, Emprego e Industria (actual Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade) do 9 de maio de 2019 (DOG nº 98, do 24 de maio: TR352C 2019), do 3 de agosto de 2021 (DOG nº 159, do 19 de agosto: TR352A 2021) e do 12 de xullo de 2022 (DOG nº 139, do 21 de xullo: TR352A 2022).

3.    Non ter traballado para a entidade beneficiaria durante máis de tres meses, dentro dos últimos doce meses anteriores á data de contratación que derive da orde, ou non ter traballado para a entidade beneficiaria durante os dous meses anteriores á devandita data de contratación.

4.    Tampouco poderán ser contratadas con cargo a esta Orde as persoas cónxuxes, ascendentes, descendentes e demais parentes, por consanguinidade ou afinidade, ata o segundo grao inclusive, das persoas que ocupen funcións directivas na entidade.

As persoas interesadas en participar neste proceso de selección deben enviar o seu CV ao email: erguete.pie@gmail.com, co posto e localidade ao que se presenta no ASUNTO, e con data límite o 24 de novembro (ás 14:00 horas).

As persoas candidatas que non sexan citadas antes do 30 de novembro non continúan no proceso de selección.

O contrato de traballo comezará antes do 10 de decembro de 2023.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > FOMENTO DO EMPREGO > Programas de Cooperación