Cookies

Noticias 

© FEI | 11/10/2023 | Actividade en Pereiro de Aguiar polo Día Mundial da Saúde Mental

En 2022, 48 persoas reclusas quitáronse a vida, 104 tentárono

O alumnado de Auxiliar de Psiquiatría no centro de Pereiro de Aguiar prepararon unha actividade polo Día da Saúde Mental

11/10/2023 | Ourense

O alumnado do Curso Auxiliar de Psiquiatría, no Centro Penal de Pereiro de Aguiar prepararon na tarde de onte coa súa docente Alicia Paz, estes bonitos sobres con mensaxes positivas no seu interior, polo Día da Saúde Mental.

Con esta actividade quixeron apoiar a outros compañeiros e compañeiras de condena que non atravesan un bo momento, facéndollos chegar de forma anónima. A privación de liberdade ten un impacto directo na saúde mental das persoas que residen en prisión.

As condenas conlevan illamento social, perda de autonomía e desarraigamento da contorna habitual o que provoca nos internos e internas cadros de ansiedade, estados depresivos ou trastornos do sono e potencia naquelas persoas condenadas con patoloxía mental previa ao ingreso un agravamento do seu estado de saúde.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > ASESORAMENTO PARA O EMPREGO > Apoio á inclusión sociolaboral en medio penal