Cookies

Noticias 

© FEI | 27/10/2023 | Reunión con Sandra Vázquez, Secretaria Xeral de Igualdade en 2023

A Fundación reúnese coa Secretaria Xeral de Igualdade

Na reunión con Sandra Vázquez presentáronse os proxectos conxuntos

27/10/2023

Onte asistimos a unha reunión coa Secretaria Xeral de Igualdade, Sandra Vázquez Domínguez para presentar os proxectos conxuntos que levamos a cabo nas tres distintas liñas de axuda nas que traballa a Fundación na temática de igualdade:

  • Proxecto EVA, no que traballamos coas mulleres privadas de liberdade nos centros penais
  • Achégate á rede, proxecto de apoio dixital e formación en competencias dixitais
  • Fomento de emprego, coa contratación de mulleres vítimas de violencia de xénero

Arquivada en:
Transparencia > Responsabilidade social corporativa > Área de Igualdade