Infórmate > Noticias 

Noticias 

Inauguración de HANDBALL 7M
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

18/11/2016 | Vigo

Outro proxecto de negocio asesorado polo PAI, que se fai realidade

1 de 1

Alberto Millos e Jacobo Rodríguez, inauguraron onte a súa tenda HANDBALL 7M, dedicada á venda de todo tipo de equipamento para a práctica do balonmán, se encuentran en la calle Martín Echegaray, nº 20, 36209 Vigo.

Estes dous emprendedores foron asesorados a través do programa PUNTO DE AUTOEMPREGO INCORPORA (PAI), cuxa responsable é Marta Alonso, tras varias reunións onde maduraron a súa idea de negocio e elaboraron o seu plan de empresa, conseguiron un crédito de Microbank que lles permitiu facer realidade o seu proxecto.

Desexándolles moita sorte nesta nova andaina, alí estaban Ana Álvarez (Coordinadora da Fundación Érguete-Integración), Soidade Costas (Responsable do Punto Formativo Incorpora), Ana Pascual (Técnico Incorpora e Responsable do Ciber Emprego) ademais de Juan Luís Seoane, director da oficina de Martínez Garrido de CaixaBank, que é referencia para a solicitude financiamento con microcréditos para os proxectos asesorados polo PAI. 

 

 

Arquivada en:

Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Punto Autoemprego Incorpora

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias
  • SEDE PRINCIPALVIGO

    Avda. Martinez Garrido 21, interior
    36205 Vigo (Pontevedra)
     

    986 253 176

  • CALOR-CAFÉ A CORUÑA

    Barrio de las Flores
    Rúa Azahar bloque 48, portal 10-baixo
    15008 A Coruña

    881 896 801

  • O desenvolvemento desta WEB foi posible grazas ao mecenado da Fundación Barrié e a RSC de Edisa Logo FBarrie Logo EDISA