07/12/2017 | Vigo
O Programa Sísifo da Fundación Érguete – Integración presentou o Proxecto Alén de redución do dano en medio aberto, nas XI Xornadas do Plan Local de Drogas denominadas “Por un traballo integral”.
O pasado 1 de decembro a responsable do Programa Sísifo da Fundación Érguete-Integración presentou o Proxecto Alén de redución do dano en medio aberto nas XI Xornadas do PLDA. “Por un traballo integral”, que o Plan Local de Drogas de Vigo celebra cada ano. Este ano as xornadas estiveron enfocadas a distintas experiencias que se están levando a cabo na nosa cidade.
O programa das xornadas estivo composto por un par de conferencias marco e tres mesas redondas (de prevención, de asistencia e de incorporación social) nas que distintas entidades da cidade que traballan con drogodependencias presentaron os seus programas máis actuais.
Foi moi interesante ter a posibilidade de compartir experiencias con compañeiros/as do sector e coñecer os programas novos que hai en marcha así como os seus resultados.
Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Sísifo
SEDE PRINCIPALVIGO
Avda. Martinez Garrido 21, interior
36205 Vigo (Pontevedra)
986 253 176
CALOR-CAFÉ A CORUÑA
Barrio de las Flores
Rúa Azahar bloque 48, portal 10-baixo
15008 A Coruña
881 896 801