Cookies

Noticias 

© FEI | 22/11/2023 | Acto dos Premios Meninas 2023

Asistimos aos Premios Meninas

Onte celebrouse este acto anual no que galardonan a traxectorias caracterizadas pola súa loita contra a violencia machista

22/11/2023 | Santiago de Compostela

Onte asistimos aos Premios Meninas que, anualmente dende a Delegación do Goberno de Galicia, recoñecen o labor e a traxectoria de persoas e entidades na loita contra a violencia machista e a promoción da igualdade nestes últimos días previos ao 25N, o Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres.

Recibiron estes galardóns a maxistrada Paz Filgueira, a ONG valoReSC, o proxecto 'Mulleres de Lugo' do IES Ánxel Fole e Nosa Señora dos Ollos Grandes, o director do Centro Penal de Teixeiro, José Ángel Vázquez e a socióloga Silvia Pérez.

Dende a Fundación Érguete-Integración queremos agradecer a invitación e felicitar a todas as persoas premiadas.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias