Cookies

Noticias 

OFERTA DE EMPREGO

Buscamos un/a profesional con experiencia na coordinación e desenvolvemento de programas de inserción sociolaboral e de acceso ao emprego (especialmente os promovidos pola Xunta de Galicia como Plans Integrados de Emprego)

26/04/2022 | Vigo

Será responsable da coordinación e desenvolvemento da participación da nosa entidade nun Programa Integrado para o fomento da empregabilidade.

FUNCIÓNS

  • Analizar o perfil profesional de cada participante e elaborarlle a cada un/ha deles/as un itinerario personalizado de inserción
  • Captar, analizar e xestionar as ofertas de emprego
  • Levar a cabo a prospección de empresas que resulten potenciais empregadoras
  • Realizar accións de información e formación que contribúan á adquisición de competencias profesionais e ao fomento da capacidade emprendedora
  • Realizar as tarefas de carácter administrativo que resulten necesarias para o cumprimento das funcións propias do seu posto
  • Actuar de xeito coordinado co equipo técnico da entidade, seguindo ás indicacións que se lle dean desde a dirección


REQUISITOS

  • Experiencia en coordinación e desenvolvemento de programas de inserción sociolaboral e acceso ao emprego, en especial nos impulsados dende a Xunta de Galicia como Plans Integrados de Emprego.
  • Experiencia en intervención con persoas en risco ou situación de pobreza ou exclusión social, en especial dende entidades do Terceiro Sector Social.
  • Titulación universitaria do eido social e/ou de xestión de recursos humanos.
  • Coñecemento da normativa e dos recursos sociais e de acceso ao emprego existentes
  • CELGA 4
  • Carné de conducir e vehículo propio, así como dispoñibilidade para viaxar.

DATOS BÁSICOS DA CONTRATACIÓN

  • Incorporación inmediata
  • Contrato ata decembro de 2023.
  • Xornada completa. Tendo en conta que as actividades do programa poden desenvolverse en horario de mañá e tarde, o horario pode variar, respectándose as horas diarias que se estipulen no contrato.
  • Lugar de trabajo: Vigo

As persoas interesadas poden enviar CV actualizado ao email funderguete@fundacionerguete.org, ata o 6 de maio de 2022 (incluído), co asunto “Selección integrado + nome e apelidos".

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > ASESORAMENTO PARA O EMPREGO > Taboleiro de anuncios de emprego