Cookies

Noticias 

© FEI | 15/02/2024 | Oferta de Emprego Técnico/a de programa - orientación laboral

OFERTA DE EMPREGO: Técnico/a de programa - orientación laboral

15/02/2024

No marco da convocatoria de subvencións para o fomento de emprego en entidades sen ánimo de lucro 2024 do Concello de Vigo, abrimos proceso de selección para a contratación de:

1 TÉCNICO/A DE PROGRAMA- ORIENTACIÓN LABORAL

Requisitos xerais:
• Persoa graduada, licenciada ou diplomada nunha das seguintes titulacións: Educación Social, Integración Social, Pedagoxía.
• Empadroado/a en Vigo antes do 01/01/2023.
• Rexistrado/a como demandante de emprego no SPEG.

Outros requisitos:
• Gallego-CELGA4.
• Coñecementos de informática nivel medio-alto.
 
O contrato realizarase para o período que vai de marzo a xullo de 2024, cunha xornada laboral de 30 horas á semana.
Para participar no proceso, as persoas candidatas deberán entregar a seguinte documentación: DNI, Tarxeta de desemprego actualizada, certificado do padrón, Currículo.
O CV pode enviarse ata o 23 de febreiro a funderguete@fundacionerguete.org, indicando no asunto o posto ao que se presenta
 
 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > FOMENTO DO EMPREGO > Fomento Emprego en ONG do Concello de Vigo