Cookies

Noticias 

© FEI | 06/10/2023 | Segundo obradoiro do Proxecto Olimpia en 2023

Analizando a evolución dos canons de beleza

Nos obradoiros do Proxecto Olimpia, 12 mulleres están aprendendo como coidar a súa saúde cunha boa alimentación

06/10/2023 | Vigo

Este xoves levamos a cabo o segundo taller que forma parte do proxecto OLIMPIA, no que analizamos a evolución dos canons de beleza ao longo da historia e reflexionamos sobre a construción social dos modelos de beleza que se nos impón.

O vindeiro venres 13 teremos a segunda sesión do primeiro taller onde continuaremos aprendendo que comer para mellorar a saúde e sentirnos ben, na que a docente Amil ensinaranos a ler a etiquetaxe dos alimentos.

Nesta actividade participan 12 mulleres e é posible grazas á Subvención para Actividades de Promoción das Mulleres 2023 do Concello de Vigo.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > IGUALDADE > Proxecto OLIMPIA