Cookies

Noticias 

© EAPN Galicia | 19/10/2023 | A Directora da Fundación, Ana Álvarez na mesa de debate das entidades no Foro Acceso Vital en Galicia

Ninguén sen o mínimo! Asistimos ao Foro de debate Acceso Vital en Galicia: Pobreza e garantía de ingresos

A xornada que tivo lugar hoxe en Santiago de Compostela, o 19 de outubro, tiña o obxectivo de reflexionar sobre as barreiras de acceso ao Ingreso Mínimo Vital

19/10/2023 | Santiago de Compostela

Baixo o lema “Ninguén sen o mínimo”, EAPN Galicia celebrou o Foro de debate, “Acceso Vital en Galicia: Pobreza e garantía de ingresos”, nunha xornada que tiña o obxectivo de servir de espazo para a reflexión e o debate sobre os aspectos más relevantes do sistema de Garantía de ingresos a nivel estatal e autonómico.

Presentáronse os resultados preliminares do Proxecto “Acceso Vital” co que trataron de identificar as barreiras polas que as persoas que necesitan o Ingreso Mínimo Vital non o solicitan. En distintas mesas de entidades tratáronse temas como a garantía de ingresos en Galicia, España e Europa e a situación de partida xunto aos futuros retos para a garantía de ingresos en Galicia.

A directora da Fundación, Ana Álvarez, participou na mesa de entidades con Federación Alzheimer Galicia ou Provivienda e a Unidade Técnico Administrativa da RISGA na que conversaron sobre a influencia doutras políticas na garantía de ingresos: “interferencia ou complementariedade?”.

Arquivada en:
Quen somos > Colaboradores/as