Cookies

Noticias 

© FEI | 29/11/2023 | Mujeres con Historia: Las mujeres en el mundo de la música

As mulleres crean música

Hoxe en Mulleres con historia imos dar visibilidade ás mulleres dentro da industria musical

29/11/2023

Neste novo Mulleres con Historia, queremos visibilizar ás mulleres da industria musical, especialmente da música clásica ou sinfónica. As diferencias entre homes e mulleres nesta industria son abismais: as mulleres están discriminadas, subrepresentadas, con soldos inxustos…

Aínda que pensemos que hai unha gran cantidade de mulleres na música, as cifras que recollen as organizacións e medios de comunicación, falan dunha división do 70% de homes e o 30% de mulleres. Nos Estados Unidos, unha das potencias no mundo da música, só un 15% das discográficas son propiedade maioritaria de mulleres.

  • Entre a lista de cancións máis populares dos últimos anos só o 22% foron interpretadas por mulleres e o 12% creadas por compositoras.
  • As compositoras rexistradas en Europa non suman apenas un 20% do total. De feito, na industria do cine, as mulleres compositoras para películas sitúanse entre o 2% e o 3%.
  • De entre tódalas obras que se tocaron nos concertos das grandes orquestas de música só o 2,3% compuxéronse por mulleres.
  • A cifra de mulleres directoras de orquesta non supera o 10% a pesar do crecemento cuantitativo e cualitativo de profesionais da música.
  • A nosa intención hoxe é visibilizar algunhas destas grandes artistas e profesionais.

 

DIRECTORAS

Alondra de la Parra. Mexicana. Directora musical da Orquesta Sinfónica de Queensland. Dirixiu máis de 70 orquestas en todo o mundo.

Marin Alsop. Estadounidense. A cargo da Orquesta Sinfónica de Baltimore e da Orquesta Sinfónica de Sao Paulo.

Ligia Amadio. Brasileira. Primeira muller en ocupar a dirección da Orquesta Filarmónica de Montevideo. Dirixiu numerosas orquestas como a Orquesta Nacional de Brasil.

Mirga Grazinyte-Tyla. Lituana. Directora da orquesta da prestixiosa compañía austríaca do Salzburger Landestheater. Tamén dirixe a Orquesta Sinfónica da Cidade de Birminham.

Inma Shara. Española. Primeira muller en dirixir un concertó no Vaticano, durante o concerto de celebración do 60º aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

Shi-Yeon Sung. Sur-coreana. Primeira muller en ocupar os postos de directora asociada na Orquesta Sinfónica de Seúl e de directora asistente na Orquesta de Boston.

 

COMPOSITORAS

Anne Dudley. Bandas sonoras máis famosas: 'Full Monty', 'Los Miserables', 'American History X', 'Elle'. Gañadora dun Oscar e tres veces nominada aos BAFTA.

Mica Levi. Bandas sonoras máis famosas:'Jackie', 'Under The Skin'. Nominada a un Oscar e dous premios BAFTA.

Rachel Portman. Bandas sonoras máis famosas: 'Nunca Me Abandones', 'Chocolat', 'Emma'. Gañadora dun Oscar e un Emmy. Nominada aos Oscars en tres ocasións, unha aos Globos de Ouro e dous aos  BAFTA.

Deborah Lurie. Bandas sonoras máis famosas: 'Querido John', 'Footloose 2011', 'Charlie y la Fábrica de Chocolate', 'Dreamgirls', 'Coraline'.

Lisa Gerrard. Bandas sonoras máis famosas: 'Gladiator'. Nominada a un Oscar e gañadora dun Globo de Ouro.

Pinar Toprak. Bandas sonoras máis famosas: 'Krypton', 'Fortnite' (videoxogo) e 'Capitana Marvel'

Arquivada en:
Transparencia > Responsabilidade social corporativa > Área de Igualdad
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > IGUALDADE > Mulleres con historia