Cookies

Noticias 

© FEI | 29/09/2023 | Mulleres con Historia: As mulleres do Proxecto Manhattan

As mulleres do Proxecto Manhattan

Centos de mulleres e as súas achegas forman parte da célebre historia de 'Oppenheimer'

29/09/2023

Este mes de setembro traemos á sección de Mulleres con Historia a actualidade do mundo do cinema: xa vistes o filme Oppenheimer no que exploran o traballo realizado no Proxecto Manhattan?

Na película quedan case que esquecidas as contribucións e o traballo de numerosas mulleres que fixeron posible que o proxecto seguise adiante. Hoxe imos coñecer a algunhas desas mulleres.

 

Lilli Hornig

Química. Investigou o plutonio, elemento clave para a tecnoloxía nuclear. Foi despedida porque o isótopo podía causar problemas reprodutivos. Tamén foi unha das persoas asinantes da petición contra o uso real da bomba atómica na guerra.

Charlotte Serber

Traballou como bibliotecaria científica. Foi líder dun equipo, supervisando a 12 persoas. Serber tamén colaboraba co proxecto no labor de contraespionaxe: difundía rumores falsos sobre a construción que levaba a cabo o proxecto.

Augusta Teller

Programadora. Traballou no Proxecto Manhattan na sección de computación. Antes, comezará a traballar programando os primeiros ordenadores do Laboratorio Nacional de Argonne.

Floy Agnes Lee

Bióloga. En Los Álamos traballou coma hematóloga, recolectando mostras de sangue das persoas que traballaban directamente coa bomba atómica para coñecer o nivel de radiación ao que se expoñían.

Joan Hinton

Física. Chegada ao Proxecto Manhattan, traballou nun equipo que construíu o primeiro reactor capaz de empregar uranio enriquecido coma combustible. Tras o acontecido, comezou o seu camiño no activismo pola paz.

Elizabeth Graves

Física. Unha persoa imprescindible dentro do equipo ao ser das poucas con experiencia no emprego dun acelerador de partículas Cockroft-Walton

María Goeppert Mayer

Física Teórica que contribuíu ao desenvolvemento da fisión nuclear. En Los Álamos traballaba na investigación da bomba de hidróxeno, non na bomba atómica. No 1963 recibiu o Premio Nobel de física.

Leona Woods

Química. Foi unha das científicas nucleares destacadas do proxecto polas súas contribucións no desenvolvemento de reactores nucleares.

Lisa Meitner: a muller que rexeitou formar parte do Proxecto Manhattan

Física, responsable da primeira articulación da fisión nuclear xunto ao seu sobriño. Grazas a esa investigación, el recibiu un Premio Nobel, mentres que ela foi excluída. Non quixo colaborar no proxecto porque non quería ter vencellos coa elaboración da bomba atómica.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > IGUALDADE > Mulleres con historia