Noticias
© Rodrigo Fernández | 02/09/2020 | Mónica Echeverría
Mónica Echeverría, feminista contra as inxustizas e os abusos de poder
2 de setembro de 1920 en Santiago, Chile - 3 de xaneiro de 2020 en La Reina, Chile
02/09/2020 | Chile
Mónica Echeverría faleceu a principios deste mesmo ano no seu Chile natal. Cun parche bermello nun ollo, quixo marchar rendendo homenaxe ás vítimas da represión durante o recente Estalido Social acontecido no seu país. Tiña 99 anos e este símbolo do movemento 'Mujeres por la Vida' en defensa dos dereitos humanos puxo o punto e final a toda unha vida como profesora, escritora, dramaturga e activista.
Echeverría naceu no seo dunha familia aristocrática. Casou co arquitecto e político Fernando Castillo Velasco e xuntos tiveron cinco fillos. Exerceu como profesora durante máis de 20 anos e, mentres, tivo tempo de impulsar a súa carreira como actriz e dramaturga, chegando a fundar a compañía Ictus.
Foi tralo golpe de Estado de 1973 que levou ao poder a Augusto Pinochet, que se tivo que trasladar xunto á súa familia a Inglaterra, onde foi docente na Universidade de Cambridge. Non estaría, sen embargo, moito tempo no país anglosaxón. Así, cinco anos máis tarde a familia volveu a Chile, onde Echeverría alzouse na loita contra a ditadura.
Como activista, organizou unha mostra de arte erótico na Universidade Católica que daría lugar á Operación Chancho, e foi unha das fundadoras tanto do movemento Consenso Democrático como de 'Mujeres por la Vida'. Tamén foi unha das fundadoras do Centro Cultural Estación Mapocho e ademais chegou a escribir varios libros ao longo da súa versátil carreira.
Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > IGUALDADE > Mulleres con historia