Infórmate > Noticias 

Noticias 

Matilde Montoya, a primeira médica de México
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

14/03/2019

Nun momento e unha sociedade profundamente machista, Matilde loitou polo seu soño desafiando a orde establecida

1 de 1

O 14 de marzo de 1857 nacía en Cidade de México, co nome de Matilde Petra Montoya Lafragua, a que pasaría á historia como a primeira muller en lograr graduarse en Medicina en México, formación que despois completaría cun Doutoramento.


Desde moi nova a súa educación foi moi completa e, mesmo, adiantada. Filla única, foi criada por un pai conservador e unha nai letrada que foi a que lle inculcou o seu afán de coñecemento. Dise que con só 4 anos xa sabía ler e escribir e, con 13, tiña o título de mestra de primaria.


Pero Matilde tiña clara a súa vocación dentro do mundo da sanidade e pronto comezou a perseguilo. Tentou ata 3 veces inscribirse na Escola Nacional de Medicina, o que hoxe en día é a Facultade de Medicina da Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM). Dadas as trabas e impedimentos, mentres seguía tentándoo, seguiu formándose e cursou bacharelato e graduouse de Partera e Obstetra con 16 anos

 

Contra vento e marea
Como, por desgraza ocorría (e segue ocorrendo nalgunhas ocasións); foron moitas as pedras que se atopou no seu camiño Matilde Montoya. Mentres exercía a obstetricia seguiu preparándose para o exame de admisión de Medicina e sufrindo unha campaña de desprestixio por parte dalgúns médicos que a tachaban de masona e protestante para prexudicar a súa imaxe. Tal foi o acoso que chegou a perder clientes e ter que irse de Puebla a  Veracruz.


Finalmente, en 1882, a pesar dos impedimentos para matricularse, logrouno con 24 anos. Durante a súa formación seguiu sufrindo duramente o machismo e atopou un gran rexeitamento por parte dos seus compañeiros e profesores polo mero feito de ser muller. Entre outras cousas, pediron a revisión do seu expediente, que fose dada de baixa e, sempre, Matilde loitaba e respondía por lograr o seu soño.


Foi o que era entón o presidente do país, Porfirio Díaz, un do seu maiores apoios e mesmo acudiu ao exame que supoñería lograr o título de médica en agosto de 1887, pasando á historia.


Cabe destacar que, ademais, Matilde foi unha gran feminista que loitou activamente pola igualdade e os dereitos das mulleres en varios grupos feministas.

 

A pesar de todos os obstáculos que tivo que superar, o certo é que nos atopamos ante a vida dunha muller que marcou un fito pero que foi bastante silenciada. Como moitas mulleres, os seus logros e capacidades foron obviadas e, por iso é agora máis importante divulgar e reivindicar o papel de mulleres que, como Matilde, abriron as portas a todas as que viñeron detrás delas.

Arquivada en:

Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > IGUALDADE > Mulleres con historia

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias
Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info

  • SEDE PRINCIPALVIGO

    Avda. Martinez Garrido 21, interior
    36205 Vigo (Pontevedra)
     

    986 253 176

  • CALOR-CAFÉ A CORUÑA

    Barrio de las Flores
    Rúa Azahar bloque 48, portal 10-baixo
    15008 A Coruña

    881 896 801

  • O desenvolvemento desta WEB foi posible grazas ao mecenado da Fundación Barrié e a RSC de Edisa Logo FBarrie Logo EDISA