Infórmate > Noticias 

Noticias 

Proba oficial competencias clave nivel 2 no Centro Penitenciario A Lama
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

16/05/2017 | A Lama

Quince persoas privadas de liberdade realizan a proba de competencias clave nivel 2 coa axuda da Fundación Érguete-Integración.

1 de 1

Fundación Érguete-Integración levou a cabo a segunda edición do programa Competencias Clave N2, unha actividade académica na cal 15 persoas privadas de liberdade recibiron formación presencial desde o mes de febreiro ata o mes de maio. Durante as sesións formativas cursaron Lingua Galega, Lingua Castelá e Matemáticas.

O pasado 15 de maio, os nosos alumnos e alumnas examináronse dentro do Centro Penal, nunha convocatoria específica para este grupo, ao non dispor de liberdade para realizar as probas na data oficial para a nosa Comunidade Autónoma, o pasado 13 de maio. A proba deu comezo ás 10:30 da mañá, dispondo dunha hora para realizar cada exame. Acompañaron ao grupo o avaliador, a súa docente e a súa titora.

A finalidade desta actividade é facilitar o acceso á formación ocupacional con Certificado de Profesionalidade a un grupo de persoas penadas sen o título en Educación Secundaria Obrigatoria.

Arquivada en:

Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Itínere

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias
  • SEDE PRINCIPALVIGO

    Avda. Martinez Garrido 21, interior
    36205 Vigo (Pontevedra)
     

    986 253 176

  • CALOR-CAFÉ A CORUÑA

    Barrio de las Flores
    Rúa Azahar bloque 48, portal 10-baixo
    15008 A Coruña

    881 896 801

  • O desenvolvemento desta WEB foi posible grazas ao mecenado da Fundación Barrié e a RSC de Edisa Logo FBarrie Logo EDISA