Cookies

Atención ás necesidades básicas de persoas en situación de emerxencia social

Atención ás necesidades básicas de persoas en situación de emerxencia social
Cobertura a determinadas necesidades que, de xeito xeral, non están cubertas polos recursos existentes.
Persoas beneficiarias:
800
 
 
Obxectivos:
  • Complementar os recursos existentes de alimentación básica a través da dispensa de almorzo e de bocadillo para a cea. 
  • Facilitar artigos de abrigo e de primeira necesidade (sacos de durmir, calzado e roupa interior) ás persoas en situación de rúa para mellorar o seu estado físico. 
  • Promover unha adecuada percepción de si mesmos e completar a hixiene básica persoal cun servizo de perruquería.
 
Actuacións: 
  • Cobertura de alimentación básica. Os recursos existentes nas distintas cidades teñen en consideración proporcionar unha alimentación de primeira necesidade, motivo polo cal existe unha oferta básica de comedores sociais, pero deixan de lado á necesidade das persoas nesta situación de realizar máis dunha comida quente ao día. Proporcionamos un almorzo quente, composto de café ou cacao con leite e galletas, pola mañá, e un bocadillo ou alimentos enlatados para cubrir a necesidade da cea.
  • Cobertura de artigos de abrigo. Os roupeiros existentes proporcionan roupa de abrigo para as persoas en situación de necesidade, pero hai dous produtos que resultan complicados de conseguir e que completarían a cobertura de necesidades básicas das persoas en situación de rúa, como son os sacos de durmir para procurar abrigo e calzado adecuado ás necesidades climáticas. 
  • Complemento das necesidades de hixiene básicas. As cidades teñen recursos específicos para mellorar as necesidades hixiénicas das persoas nesta situación. Así hai entidades sociais onde poden ducharse, lavar a roupa ou conseguir produtos básicos de hixiene persoal. Pola contra, non se contempla a perruquería como outra das necesidades de hixiene que a persoa non pode cubrir por sí mesma. O noso programa proporciona un servizo básico de perruquería en Vigo e na Coruña.
 
Localización territorial:
Vigo, Marín e Poio (Pontevedra)
A Coruña
 

Subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas xestionadas pola Consellería de Política Social