Que facemos >  

Proyecto Xeitos de Ver

  • Proxecto destinado a persoas que están cumprindo unha condena en réxime de semiliberdade na cidade de A Coruña

Desde 2019 traballamos a socialización de xénero, as desigualdades e discriminacións vixentes, observando de primeira man a nosa realidade.

Este proxecto, ademais, permite ás persoas participantes adquirir de forma transversal ferramentas que faciliten o proceso cara a liberdade total, tanto por aproximalas ás problemáticas e circunstancias da vida diaria, como por achegarlles recursos comunicativos e tecnolóxicos que serán de utilidade na procura laboral.

O proxecto consta de dous partes, unha formativa e outra divulgativa, sendo o eixo vertebrador a sensibilización en igualdade de xénero. A parte formativa inclúe módulos de xénero, comunicación e medios audiovisuais. En canto á parte divulgativa, é diferente en cada edición, sempre vinculada aos medios audiovisuais.

Esta actividade está subvencionada polo Concello da Coruña, na convocatoria específica para a concesión de subvencións destinadas a actividades de interese social en materia de igualdade e diversidade.

 

Logo del Ayuntamiento de A Coruña

MATERIAIS RELACIONADOS
Documentos

Vídeos

Imaxes
  • 1 de 4

Noticias
  • SEDE PRINCIPALVIGO

    Avda. Martinez Garrido 21, interior
    36205 Vigo (Pontevedra)
     

    986 253 176

  • CALOR-CAFÉ A CORUÑA

    Barrio de las Flores
    Rúa Azahar bloque 48, portal 10-baixo
    15008 A Coruña

    881 896 801

  • O desenvolvemento desta WEB foi posible grazas ao mecenado da Fundación Barrié e a RSC de Edisa Logo FBarrie Logo EDISA